A dama e a morte e Alumbramento

Envióume Olga a ligazón a esta curtametraxe, que algúns posiblemente xa coñecíades. “La dama y la muete” aborda o encarnizamento terapéutico dun xeito simpático e imaxinativo. Este achegamento lonxe de banalizar o problema permite unha analise menos paixoal e, por elo, útil para traballar o respecto da autonomía, en particular nas situacións nas que resulta máis complexo, como ocorre nos coidados palitivos.

Esto recordoume outra curta, tamén moi xustamente premiada, titulada “Alumbramiento” que seguro que xa vistes. Non é de encarnizamento terapéutico, sinon das emocións nos últimos momentos. Paréceme sublime a sensibilidade co que están tratadas, o xeito de contalo no que o tempo e o espazo tamén teñen un gran papel, e os actores, que resultan creibles e transmiten intensamente as emocións sin sobreactuar. Entre eles suliñar a Mariví Bilbao que me estremece cada vez que a vexo de novo.

Como sanitario a identificación co fillo removeme por dentro, dunha banda trame a cabeza a vivencia de situacións semellantes pero doutra permiteme normalizar esas emocións.

Quizás fora mellor velas en orde inverso para tra-las emocións intensas e tristes, ainda que para min reconfortantes de “Alumbramiento” aparecesen as máis tenras e amables de “La dama y la muerte”.

Estóu desexando leer os vosos comentarios

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: