Veño de recicir unha ligazón as presentacións do Congreso Internacional de Entrevista Motivacional que recollen as aportacións máis recentes dentro da entrevista motivacional. Foi unha mágoa non poder ir a Venecia polo lugar e o interés de moitos dos temas. Como poderedes ver, as sesións plenarias están grabadas en video e das paralelas están as presentacións.
Tamén recibín de Luis Pérula (responsable de investigación do grupo C&S) un artigo que recolle o protocolo do estudo Dislip-EM no que participa de xeito destacado a nosa Julia Bóveda. Xa aparece publicado na revista Bio Med Central Family Practice, unha revista de libre acceso en internet con un factor de impacto de 1.8. É un artigo moi técnico sobre como se está a realizar este estudo que pretende valorar a eficacia da entrevista motivacional no tratamento da dislipemia en atención primaria do noso entorno. A complexidade dos métodos que se van a aplicar resulta abraiante.
Como remate, e moito máis enxebre , un sinxelo artigo sobre malas noticias que vimos de publicar Fran e máis eu en Galicia Clínica, que é a revista dos internistas galegos.