Malas novas e paliativos

Curso avanzado de comunicación en cuidados paliativos e

Obradoiro de comunicación en cuidados paliativos

O traballo co paciente en situación de coidados paliativos, e situacións de enfermidade avanzada en xeral, ten peculiaridades nos aspectos da comunicación e relación cos doentes, que derivan da propia natureza do proceso de enfermar. Neste obradoido abórdanse habilidades básicas de comunicación que axudan na relación, así como as circunstancias específicas que supoñen un reto engadido na relación, como son a conspiración de silencio, a negación e a abordaxe das “preguntas difíciles”.

No formato corto (obradoiro de 4 horas) trabállanse aspectos básicos, no curso avanzado (20 horas) se incorporan aspectos como o traballo das emocións, e o traballo con videograbacións con metodología PBI (análise de video).

Obradoiro de malas novas

Comunicar malas novas e, probablemente, unha das tarefas mais difíciles na nosa labor como profesionais sanitarios. Malas novas son todas aquelas que alteran a visión do doente sobre o seu futuro  ou “calquer diagnostico ou impresión sobre a súa saúde que ten un impacto emocional negativo”. E, pois, un conflicto entre as expectativas que tiña o doente antes de recibilas e as expectativas que ten despois. Os receptores de malas novas dificilmente olvidan  donde, como e cando llo dixeron.

No obradoiro abordanse habilidades necesarias para desenrolar unha comunicación eficaz,  disminuindo o impacto emocional no momento de ser informado e permitindo ir asimilando a nova realidade pouco a pouco, o mesmo tempo que se afianza a nosa relación profesional. Ten unha duración de 4 horas e utiliza traballo en grupo, videograbacions e materiais multimedia.

Obradoiro de preguntas difíciles en cuidados paliativo

Na relación cós doentes en situacions complicadas o cuidados paliativos xurden preguntas ás que é difícil dar unha resposta axeitada. No obradoiro reflexionase sobre esas preguntas e as causas de esa dificultade e n analízanse as posibles repostas e como poden axudar o doente. A duración é de 2-4 horas e utiliza traballo en grupos pequenos, videograbacións e materiáis multimedia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: