Obradoiro básico de entrevista clínica
Obradoiro de habilidades sociáis para profesionales sanitarios
As habilidades sociais son un conxunto de condutas e capacidades que nos facilitan a interacción cos demais, son condutas aprendidas (habitualmente de forma natural) polo que poden ser ensinadas e se basean no dominio das habilidades de comunicación.
Buscamos neste obradoiro: Coñecer e incorporar estas habilidades no trato diario co paciente, que nos permitirá un manexo máis axeitado da consulta e das necesidades do paciente.
Metodoloxía: Curso interactivo con role play, exercicios en grupo e exposicións teóricas.
Obradoiro de relacions difíciles e de situacións violentas na consulta
Os encontros e relacións entre usuarios y profesionais de atención primaria soen responder a un patrón de relación onde el reparto de roles está ben delimitado e o cumprimento de expectativas mutuas é aceptable. Pero hai unha porcentaxe de estas relacións que se afastan de este estándar e non logran este obxectivo, dando lugar a encontros difíciles.
Non supoñen estes un problema cuantitativamente importante, máis si desde o punto de vista cualitativo. Unha modalidade que podemos considerar extrema, destas situacións de dificultade é a agresividade e violencia na consulta.
O presenta obradoiro trata de expor as ferramentas útiles para a abordaxe destas situacións, adestrar no seu manexo e mesmo orientar no ensino das mesmas a outros profesionais.
O programa que propoñemos para cumprir este obxectivo é o seguinte:
Concepto de paciente de trato difícil e situacións difíciles no ámbito sanitario. Factores que inflúen nos encontros difíciles e control dos mesmos: paciente, profesional e entorno. Estratexias de manexo. A agresividade no ámbito sanitario estratexias de prevención e abordaxe.
Metodoloxía: Curso interactivo con role play, exercicios en grupo e individuais, exposicións teóricas.
Obradoiro de detección e abordaxe da depresión en atención primaria
A depresión e unha patoloxía relevante nas consultas de Atención Primaria. A súa repercusión sobre a saúde e evidente xa que produce unha importante discapacidade e sufrimento nas persoas que a padecen.
Nun obradoiro de 4 horas abórdanse habilidades básicas de comunicación co doente deprimido e adiestrase no seu recoñocimento e manexo. Para elo farase traballo en grupos e utilización de material videograbado ou multimedia.
Obradoiro de comunicación co adolescente
Obradoiro de educacion en prevencion do VIH/Sida con adolescentes
Obradoiro de xestión do tempo na consulta
Obradoiro de bioética e comunicación
¿Conflictos éticos na relación cos pacientes que se abordan con habilidades de comunicación? ¿Dificultades na comunicación que suscitan conflictos éticos? Neste obradoiro, traballamos a íntima relación que hai entre as dúas disciplinas, sin solución de continuidade entre elas, e aprendemos os conceptos básicos da bioética (“ O método”), e as principais habilidades e ferramentas de comunicación e a súa aplicación. Utilizamos análisis de videograbacións que amosan un caso clínico simulado, e as diferentes alternativas de abordaxe.
Obradoiro de comunicación có doente cando se producíu un erro ou un desenlace inesperado