O proxecto 6 minutos, no que participan compañeiros do grupo Comunicación y Salud, pretende difundir a realidade da medicina de familia en 3 cortos de 6 minutos.
O primeiro mostra o perfil dos médicos de familia, quen somos e cal e a nosa cualificación.
O segundo recolle como e o sistema de saúde e que papel ten a atención primaria para o seu funcionamento.
O terceiro centrase nas dificultades e como tería que cambiar no futuro para seguir mantendo unha boa calidade de asistencia.
E un pasiño adiante no longo camiño que teriamos que recorrer para acadar unha atención primaria como nos desexamos para os nosos pacientes.
Tamén nos reconfortar escoitar as mesmas inquedanzas na boca de outros.
¡Que falta nos fai nestes tempos sentirnos comprendidos!